Globedia.com

×
×

Error de autenticación

Ha habido un problema a la hora de conectarse a la red social. Por favor intentalo de nuevo

Si el problema persiste, nos lo puedes decir AQUÍ

×
cross

Suscribete para recibir las noticias más relevantes

×
Recibir alertas

¿Quieres recibir una notificación por email cada vez que Impulso escriba una noticia?

O "feísmo" non só destrúe a paisaxe e a natureza, tamén prexudica a economía e mesmo a saúde

12/05/2014 17:40 0 Comentarios Lectura: ( palabras)

image O denominado "feísmo" non é o único problema do urbanismo en Galicia, pero si é o máis visible e o máis útil para que os leigos e os pouco instruídos na materia percibamos a gravidade desa e doutras perversións. Á existencia do "feísmo" contribúen o autoabandono, a desidia e mesmo a débil economía de numerosos autopromotores.

Mais convén que os cidadáns deixen de enganarse e recoñezan que a orixe da maioría das aberracións urbanísticas está no individualismo e na falla dunha cultura de colectividade , actitude persoal e deficiencia social que teñen fondas raigames na Galicia e que, por riba, algúns están a xustificar con argumentos propios dunha economía de supervivencia que non ten futuro, ou con teorías de suposto corte libertario. Dúas frases reflicten a actitude de moitos dos autores de aberracións como a da imaxe que acompaña este texto: «Se non o fago eu, o fará outro », e «na miña propiedade teño dereito a facer o que me pete ». Carlos Henrique Fernández Coto, arquitecto, urbanista e especialista en rehabilitación, ven de entregar á Xunta de Galicia un documentado informe no que describe de xeito xeral barbaridades que non só destrúen a paisaxe, senón que en numerosas ocasións tamén causan graves danos medioambientais, moitos deles difíciles de paliar e que teñen complexa e custosa solución . A iniciativa ten importancia sobresaínte por dous motivos: primeiro, porque é a primeira vez que dende a sociedade civil se fai chegar ao Goberno galego un documento que presenta o problema sen dar rodeos nin poñer escusas e, segundo, porque formula unha serie de medidas correctoras para impedir que aumente a xa moi longa lista de desfeitas. Reducir ao máximo os "monumentos" existentes, mesmo derrubalos, e impedir que se levanten novos monstros é fundamental para o futuro do país galego, non só para respectar ou embelecer paísaxes urbanas e rurais, senón tamén para a economía e para a saúde da flora, da fauna e das persoas. Desgraciadamente, non todos os medios de información outorgaron ao informe a relevancia que ten e que merece, de modo que achego copia facsímile dalgunhas das propostas.

Fernández Coto é un máis dos galegos, aínda poucos, que ven a realidade que outros non queren ver e que ás veces tentan minimizar con argumentos nos que prescinden dunha condicionante irrebatible: a liberdade e os desexos dunha persoa física ou xurídica xamais xustifican prexudicar á colectividade, ao conxunto do país e á natureza . [As ilustracións non recollen todas as medidas preventivas e propostas incluídas no informe] .. image .. image ..

DE INTERESE

* Conta de Twitter que paga a pena visitar de cotío: @MaltratoPaisaxe.


Sobre esta noticia

Autor:
Impulso (646 noticias)
Fuente:
im-pulso.blogspot.com
Visitas:
2782
Tipo:
Reportaje
Licencia:
Distribución gratuita
¿Problemas con esta noticia?
×
Denunciar esta noticia por

Denunciar

Etiquetas

Comentarios

Aún no hay comentarios en esta noticia.